8 feb. 2012

Trosqui: o monstro lambón.


A verdadeira historia do monstro lambón contada sen mixiricadas. 


Director de colección: Pipino Malote
Texto: Eduardo Pitolargo (ano 2000).
Ilustracións: Equip@ 21 (ano 2005).
Maquetación: Nabopolasar Mc Pherson


Este conto non é coma os demáis contos de monstros porque Trosqui non é un monstro normal: Trosqui é un tirano  absolutista. É dicir, para que o entendades, é un monstro moi ruín.


Instaluse, un mal día, detrás dun caldeiro do lixo pero: ollo!
Non era un caldeiro do lixo calquera, senon que Trosqui se mudou ao caldeiro do lixo do mellor merendeiro en 20 quilómetros á redonda.



Entón, subido nun envase de iogur de mora a medio comer, pronunciou:

- Son Trosqui, primo terceiro do xenro do gran rei Retrosqui do contenedor da esquina. Este lugar perténceme e, a   partir de agora, eu teño o poder.

Os malpocados ratiños que alí habitaban miráronse e, comprendendo que nada podían facer contra o gran monstro de ilustre estirpe, convertéronse nos seus súbditos.

Trosqui era un gran comellán. Comía tanto que non lle chegaban as sobras de macarróns con carne á boloñesa que el mesmo apañaba, polo que ordenou:

 - Desde este momento, cada ratiño deberá traerme todos os días a metade de comida que atope no caldeiro. Non me poderedes enganar porque vos vixía o deus Grumpi. Se non me obedecedes, el cortará os vosos rabiños.

Deste xeiro, os ratiños, temendo tanto ao deus coma ao Trosqui, tiveron que resignarse a cumprir as ordes. A vida, entón, volveuse moi triste: todos pasaban fame e vivían continuamente atemorizados pensando no vengativo deus Grumpi.



Un día, o fillo máis novo (rato) dunha parella (de ratos) caeu enfermo por estar mal alimentado. Nai e pai, a pesares do perigo, decidiron, gardar toda a comida atopada no caldeiro para poder curar ao seu neno. Logo, sentaron a agardar polo Deus para que lles cortase os rabiños.
Pero Grumpi non apareceu ese día, 
nin ao seguinte, 
nin máis tarde, 
así que ratiña e ratiño saíron do seu buraco e berraron:

- Ese deus Grumpi non existe, inventouno Trosqui para que lle deramos de comer.
Pouco a pouco, foise convencendo toda a comunidade ratil e, unida, presentouse ante Trosqui dando voces:

- Mentireiro, lacazán, barriga gorda.

Mentras Trosqui recuaba dicindo:

- Vai chegar Grumpi e fará caldo cos vosos rabos.
Pero a ratería toda non lle fixo caso ningún e, cunha culler vella que había por alí, catapultaron a Trosqui ao fregadeiro, onde se coou polo desagüe.


Daquela, ratiños e ratiñas, moi ledas, cantaron, comeron e bailaron ata o amencer.

Pero, non pensedes que remata aquí a historia, non.

Á comunidade rateira do caldeiro do lixo do mellor restaurante en 20 quilómetros á redonda ocorreúselle facer leises, nomear administradores, xuíces, avogadas... E, claro, con  tanto trafego tiveron que mandar ás moscas buscar a comida, hasta que as moscas comezaron a mosquearse e...

No hay comentarios:

Publicar un comentario