* E este é o tipo de poemas que quedaban en primeiro lugar naqueles Concursos Poéticos Ribeiraos da primavera e polos que sempre se desesperaba "Fermín o Namorado", o zorro poeta que quedou desfasado nos
anos-vinte-do-século-vinte, ou por aí.
Auuuuuuh...
Sopran
as murmuracións violeta-metalizado/
entre
as almenas do bosque de fibra óptica e formica.
Uns
calzóns rosas colgan/
da
galla esbrancuxada e raquítica do castiñeiro chic.
Traca-traca.
Os
grilos de mecano trousan/
decibélicos
e megahérzicos cri-cris sincopados.
Gruaaaaaag...
A
panteira mixiricas apura a dose de poción máxica/
en
tetra brick de deseño (Trade Mark en Paris – La nuit).
Zumba.
Son
as avespas asasinas na procura/
da
flor de fragancia máis cara e sofisticada.
Nun
bosquexo de mercromina
detense
o carrusel de luces e cabaliños do demo
e
vanse lavando as legañas verde-vómito
nas
fontes entubadas do Hostal Terra Galega.